Saltar al contenido

Convocatoria

CONVOCATORIA DE PROBA PARA A OBTENCIÓN DA MISSIO CANONICA

PARA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
CURSO 2026/2027


As Delegacións Diocesanas para a Educación de Galicia convocan as probas dirixidas ao profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexe optar á obtención da Missio Canonica, requisito necesario para poder presentarse ás futuras listas de contratación de profesorado de Relixión Católica nos niveis indicados que, previsiblemente, abrirá a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional durante o vindeiro curso escolar 2026/2027.


1. Natureza e finalidade da Missio Canonica

A Missio Canonica é a proposta de nomeamento concedida pola autoridade competente da Igrexa Católica para impartir a materia de Relixión Católica nos centros educativos.

Esta autorización non constitúe un dereito adquirido nin automático, senón unha misión eclesial vinculada non só á capacitación académica e doutrinal do candidato, senón tamén á súa identificación coa fe e coa moral da Igrexa Católica, á súa práctica relixiosa e á súa coherencia de vida persoal.

Por esta razón, o feito de superar as probas recollidas nesta convocatoria non implica necesariamente a concesión da Missio Canonica, xa que esta depende da valoración global realizada pola autoridade eclesiástica competente.

Ainda que a superación do exame non conleve automáticamente a emisión da Missio Canonica, en ningún caso se expidirá dita Missio sen ter superadas as devanditas probas.

Unha vez superadas as probas e, tralo visto bo do ordinario correspondente, enviaráselle ao interesado/a unha missio canonica específica desta convocatoria, que será a única admitida pola Consellería de Educación para a inclusión nas listas.

2. Documentación requirida

• Copia do DNI.
• Copia do Título Académico de Mestre/a (Diplomado en Maxisterio, Grado en Educación Infantil, ou Educación Primaria).

• DECA.
• Xustificante bancario do pagamento da taxa correspondente.
• Partida de bautismo completa (con especificación de notas marxinais) e legalizada, con data non anterior á publicación desta convocatoria.

• Certificado de delitos de carácter sexual.

3. Programa de contidos

O programa incluirá os seguintes bloques temáticos:

TEMA 1. RELIXIÓN, CULTURA E VALORES
• Identidade da área de Relixión e Moral Católica.
• O feito relixioso na historia e na estrutura do ser humano.
• O feito relixioso cristián e a cultura.
• O Evanxeo e a nova evanxelización.
• A persoa humana.
• Iniciación ao coñecemento da Biblia.
• Manifestación de Deus na creación.
• A Alianza de Deus co seu pobo.

TEMA 2. A MENSAXE CRISTIÁ
• Xesucristo, revelación plena de Deus.
• A Santísima Trindade.
• A Igrexa.
• Escatoloxía.

TEMA 3. A IGREXA, OS SACRAMENTOS E A MORAL
• A Igrexa, novo Pobo de Deus.
• María, Nai de Deus e Nai da Igrexa.
• Os sacramentos e o culto.
• A moral evanxélica.
• A misión da Igrexa.
• O profesorado de Relixión Católica.

4. Estrutura das probas

Primeira parte: proba escrita tipo test sobre os contidos do programa.

Segunda parte: proba oral para as persoas que superen a primeira proba. Versará sobre a igrexa local, a práctica relixiosa e a vivencia da moral cristiá. Así mesmo, poderase pedir a profundización de preguntas respondidas na primeira proba.

  • Calquera afirmación contraria á doutrina da Igrexa Católica suporá a exclusión automática del proceso.

5. Data e lugar de celebración das probas

Primeira parte:

  • 21 de xullo de 2026 no Colexio La Salle de Santiago de Compostela.
    Ás 10:00 horas dará comezo o primeiro grupo de examinados. Dependendo do número de persoas inscritas, convocarase oportunamente a cada candidato/a na súa hora correspondente.


  • O día 23 de xullo de 2026 comunicarase o resultado da primeira proba.

    Segunda parte:
  • 27 de xullo de 2026 no Instituto Teolóxico Compostelán, en horario aínda por determinar.

6. Inscrición, taxa e consultas

A inscrición realizarase a través da plataforma habilitada na web oficial convocatoria : https://missiogalicia.com

Datos bancarios:
Titular: Delegación de Educación Archidiócese de Santiago de Compostela
IBAN: ES7820800300813045612179
Concepto: Taxa + DNI
Importe: 30 €

As persoas interesadas poderán comezar a inscribirse neste proceso a partir da publicación desta convocatoria na web https://archicompostela.org

  • A inscripción pecharase o 27 de xuño ás 23:59 hs.
  • A publicación da lista de admitidos realizarase o 29 de xuño; dende ese día ata o 3 de xullo estará aberto o prazo para a subsanación de erros para as persoas que quedaran excluidas.
  • A publicación definitiva da listaxe de admitidos será o 7 de xullo.
  • Todas as publicacións oficiais da convocatoria levaranse a cabo na páxina web oficial da mesma: https://missiogalicia.com